Historia da literarura galega vol. 2 De 1853 a 1916
ISBN: 9788499147642 XERAIS OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA
Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa orelato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narracióncongruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediadosdo século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de1916. Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia noespazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversacoas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais osautores que o habitan. Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unhatotalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións erelacións entre as partes, considerar así mesmo a literatura como unproduto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitanciasocial, participar da idea dun macrotexto como converxencia verticaldunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxecciónhorizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas. Unhahistoria da literatura galega que vén ser elemento esencial eindiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece -e resulta fornecida- de consistencia e sentido. Desde a publicaciónd'A gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina.