Ir al contenido

Escribir ben é unha habilidade que calquera persoa querería para si. En ocasións, pode parecernos fácil expresar por escrito aquilo quetemos na cabeza, mais, cando nos poñemos á faena, decatámonos de quequizais non é todo tan achanzado como planearamos. Así e todo, aescribir tamén se aprende. Con este libro Benxamín Dosil farache doado o acto da escritaresolvendo as túas dúbidas ao respecto. Darache recursos e trucos para que saias axiña dos atrancos, indicacións que che servirán paracomunicarte mellor e, tamén, para estudar con máis axilidade. Elaborarás esquemas, desenvolverás ideas conectándoas de distintosxeitos e mellorarás a túa redacción. En Escrita doada o autor recolleu abundantes aspectos da súaexperiencia profesional, enriquecidos coas achegas dos melloresmestres na materia. A obra foi concibida como un manual de consultaque reúne un cento de epígrafes formadas por abundantes exemplosilustrativos, cadros e gráficos para entender mellor a escasa cargateórica que aconsella sobre as mellores solucións, as máis sinxelas, claras e concisas. Vai acompañado dun glosario con máis de milcincocentas voces que poden resultar dubidosas na nosa lingua. Agora é teu. Aprovéitao!