🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Escola de mulleres

2023 462 p. GLG
ISBN: 9788411760119 GALAXIA Literaria
22,50 € 22,50 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Escola de mulleres é unha novela sobre unha fuxida. A súa protagonista foxe da dor, da perda, dunha realidade incerta, da gaiola de ouro que os homes queren construír para pechala e admirala, da opresiva camisa de forza das convencións sociais. E para acadalo emprega a ironía e o seu propio corpo como armas, como camiño cara a unha redención quesospeita imposible. E así a súa pel e a súa mente convértense nunlenzo que, devagar, vaise esgazando polas unllas dos demais, sempre os demais, emerxendo baixo o estigma da loucura ou, quizais, daclarividencia. Unha novela que nos cuestiona sobre os límites. Da liberdade ou damoral. E, de fondo, como paisaxe idílica ou inferno, as voces doutrasmulleres, María, Zelda e Simone, que, entre disputas e risas, acomprenden, a xulgan e a compadecen, mentres unha nena constrúe sobreo chan castelos con bloques de cores.