🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

A Nena Do Abrigo de Astracán

2017 400 p. GLG
ISBN: 9788491212867 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
21,13 € 21,13 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementosdramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e comoos abranguera dunha forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla, Agustina, a muller quepretende trazar o destino dos que a rodean, Isidoro, o alfaiatemártir, Engracia, Xaquina ou Paulina, mulleres afoutas que se querendonas da súa propia vida... son algúns dos personaxes centrais destanovela de vidas esquecidas. Mais no medio de todos eles, emerxe Susana, a nena que observa e sofre a realidade que lle irá abrindo osollos nunha perda dramática da inocencia infantil. As sesións nocinema de Ribadaínsua serán camiño de coñecemento do mundo real que se lle oculta. Ten o cinema pola cousa máis fermosa e importante da súavida, o que lle di como é o mundo de verdade, o que está alén de Ribadaínsua. Novela de longo alento, traballada ao longo de máis de quince anos, Anena do abrigo de astracán reflicte un mundo que, aparentementeafastado, dá explicación de como todo se constrúe e controla desde atoma do poder e o dominio do territorio onde se exerce. Obra memorable e conmovedora, sitúa ao seu autor como un dos clásicos contemporáneos da nosa narrativa.