🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Vivir Sen Permiso e Outras Historias de Oeste

2018 144 p. GLG
ISBN: 9788491214564 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
18,25 € 18,25 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta opoder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Maistamén son historias que nos mostran a condición humana situada nolímite, relatadas desde a maxia literaria dunha escrita impactante, poderosa e directa. En «O medo dos ourizos», dous mozos mariñeiros, que subsisten enprecario, atopan no mar un tesouro, fardos procedentes donarcotráfico, que pode facelos ricos ou custarlles a vida. En «Vivir sen permiso», Nemo Bandeira, un poderoso magnate quelevantou o seu imperio por medios ilícitos, consegue borrar as pegadas do seu pasado criminal, mais vaise atopar cun inimigo íntimo, inesperado e invencíbel. En «Sagrado mar», un mozo presidiario, apaixonado pola lectura, tenque enfrontarse non só co sistema carcerario, senón tamén co dilema da obediencia ou desobediencia ante o dominio que exerce un capo nointerior da cadea. «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» é un libro fascinante, de literatura na beira, na marxe do risco, que o autor define comoliteratura vagabunda ou estremeira. Alí onde a cuestión final non étanto ter ou non ter poder senón ter ou non ter liberdade.