🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

Tempo de bebidas isotónicas e fast-food

2016 168 p. GLG
ISBN: 9788499149844 XERAIS EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
18,77 € 18,77 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trintarelatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo dasociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeirapersoa como voz narradora testemuñal, axustada en cada relato aorexistro do personaxe, confírelle rotundidade e credibilidade a cadaunha destas historias mínimas. Un humor marabilloso, sutilmenteretranqueiro, e un coidado rexistro lingüístico coloquial, impregnadocos aromas dos viguismos e das variantes da fala popular das Rías Baixas, tiran dunha lectura tan engaiolante como acedamente divertidapara configurar un libro que berra, que protesta, que denuncia. Dendeo memorable relato «O curso de novas tecnoloxías», que abre o libro agargalladas, pasando pola versión bífida de «By Glory Lake» ou poloemotivo «Non me chames terrorista», até o estremecedor «Vitrasa», Álex Alonso debulla algunhas das causas e prexuízos da desigualdade e daprecariedade da Galicia actual.