Ir al contenido

Unha mañá de outono calquera no Mo MA de Nova York Abril Andradecontempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia dairreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle uninesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxesolitaria na que ela se resigna a aceptar a súa propia morte. Contratodo prognóstico, unha corza esmagada no asfalto, un raposo famélicochamado Leonardo, un furtivo farfallán e retranqueiro, un torneo defútbol veterano, unha nena que cheira a ouriños e unha sementeira decebolas acompañada dun breve tratado para o seu cultivo demóstranlleque a vida, ás veces, é quen de meter un gol no tempo de desconto. Rosa Aneiros volve engaiolarnos cunha novela sobre a beleza, afraxilidade, a observación da natureza, os coidados, a memoriatramposa, a culpa e a íntima alegría de sentirse viva no medio dunhanoite negra cando, de xeito inesperado, dan en esfacharear asestrelas.