Ir al contenido

Así é Venecia, soño e calixe, cidade encantada e panterlo para aslembranzas e as fantasías dos amantes, dos solitarios e dosextraviados. Venecia como espello que reflicte o amor ata que remataescachando en mil anacos, recriminacións e remorsos. Venecia comotránsito cara á incerteza do futuro. E unha muller madura, na compañada súa nai, percorre as súas pontes e canais para reconstruírseapañando os mil anacos do espello esnaquizado da que foi a súarelación cun home casado. E escríbelle decontino a esa pantasma, irreal e inalcanzable, como a propia cidade esvaecida entre a brétemados que se amaron nunha paixón insondable e abrasadora. Mercedes Corbillón mostra, con crueza e clarividencia, as costuras donamoramento, as súa contradicións e a devastación final, os cascallosdo desamor sobre os que unha ten que erguer unha nova vida, libre econsciente, da que ser a única soberana.