As faces do diamante
ISBN: 9788411761406 GALAXIA Literaria
Unha anciá que camiña con zapatillas rotas, unha rapaza rescatada duncolector do lixo, un ancián que se esforzou por cumprir un xuramentoque non debeu pronunciar, un rapaz que toca o tambor e fai bolboretasde papel, unha moza boliviana que non quere ser moeda de cambio deninguén, unha rapaza que ceba o mate nunha noite de choiva e fastío ou unha nena xudía no gueto de Varsovia son algúns dos protagonistasdestes relatos. Todos eles achegan o seu particular punto de vista dos segredos, arelas, decepcións ou vergoñas que marcan a súa vida, unhavisión nunca coincidente coa das outras persoas que comparten osmesmos sucesos, porque a verdade, coma os diamantes, é distintasegundo o ángulo desde a que a observemos. Relatos que se entrecruzane personaxes que reaparecen en distintas etapas vitais, creando unhahistoria plural que abrangue máis de oitenta anos.