ultima fronteira, a
ISBN: 9788412781007 PATAS DE PEIXE
Esta é unha historia íntima e tenra, chea de calor e corazón, sobreunha viaxe planificada desde hai moitotempo a un lugar moi especial. È unha celebración da aventura, anatureza e un vínculo especial entre un avóe o seu neto. Este libro explora sen moralismos a necesidade deprotexermos e preservarmos os espazossalvaxes e os hábitats naturais a través dunhas ilustraciónsimpactantes cheas de cores e texturasrechamantes que evocan á perfección a emoción da viaxe e a marabilladas vastas paisaxes naturais. Descrición O avó e o osiño comparten o soño de visitar a última fronteira: unlugar especial e difícil de atopar cheo decriaturas salvaxes e marabillosas, un lugar onde o aire arrecende aarume de piñeiro, un lugar que só vironnunha postal. Os dous estudan mapas, len libros e practican a acampada parapreparárense para a súa aventura. Despoiszarpan para o norte, pero cando chegan alí, atopan un porto animadocheo de tendas, onde parece queninguén lembra a última fronteira. Existirá aínda o fermoso lugar dosseus soños ou nunca poderán atopalo? Esta historia íntima e colectiva de abraio e aventuras explora através dun carrusel de imaxes en movementotemas como a celebración da natureza e a fraxilidade das paisaxessalvaxes, ao tempo que, de formaparalela, fainos ser conscientes dos afectos familiares e dos vínculos que nos unen á vida en todas as súasdimensións, do persoal ao colectivo, do íntimo ao universal. A impresionante obra de arte de Cecilia Heikkilä está chea