Corte e Confección
ISBN: 9788491514138 GALAXIA Literaria
Escribir unha historia é coma facer un traxe pensou mentres a máquinade coser debuxaba un carreiro de puntadas miúdas sobre a tea. Aínda que non o pareza, o xastre e a escritora contan con moisimilares ingredientes e da súa habelencia en empregalos dependerá oresultado final da súa obra. O primeiro que se precisa para confeccionar un traxe é unha tea decalidade. Á hora de escollela hai que ter en conta a súa composición: de tergal, de flanela, de cheviot, de pana, de maó, de liño, que isovai no estilo, nas modas ou nas estacións, claro, pero tamén que sexavistosa e elegante, con boa caída, e cun deseño que se adapte ao gusto do cliente: de pata de galo, de príncipe de Gales, de ollo de perdiz, de raia diplomática, de milraias Así comeza este novo libro de Celia Díaz Núñez, un texto que nos dique, ás veces, contar unha boa historia é igual que coser. O xastreusa tesoiras grandes para cortar os panos, cinta métrica, xiz e aescritora, a palabra para tecer historias coa linguaxe dos soños