Ir al contenido

Arrepíos e outros medos

2004 168 p. GLG
ISBN: 9788497821940 Edicións Xerais INFANTIL E XUVENIL - LENDAS DE GALICIA
15,90 € 15,90 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 7–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío garantizado en 7–10 días hábiles desde Bélgica.

Arrepíos e outros medos recolle cen historias de terror e fantasmastiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboración daliteratura oral: o das lendas de Galicia. A lenda é un relato oralbreve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que se conta, na que a veces aflora a presenza de seres míticos, enarrado sempre coa intención de que sexa crido. A lenda leva, á par do argumento, algúns motivos que a fagan verosímil: un lugar concreto, próximo ou coñecido, e uns protagonistas relacionados co narrador ouco oínte, que serven de testemuñas de que o que se narra non é unhainvención. A lenda, pois, aínda que poida repetirse nun e noutrositio, está moi vencellada a un lugar. O presente volume, primeiro da colección LENDAS DE GALICIA de Edicións Xerais de Galicia, ten como fío condutor a presenza do medo, unha das emocións primixenias e máis fortes do ser humano. Lendas onde estánpresentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimasfantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por funciónadvertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible malainfluenza de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas ereescritas, a partir de testemuños orais, que pretende que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo.