A esmorga
ISBN: 9788498653212
A fuxida do Bocas pola Auria máis marxinal na novela que cambiou anarrativa galega. A esmorga é a obra máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante anegativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noitede bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal. Aesmorga é unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingüísticaponse neste relato ao servizo da narración duns feitos que desembocanen traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que nonestán exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosae mellor. Texto íntegro, incorpora as pasaxes eliminadas pola censura na edición de 1970.