🚚 Envío gratuito en Bruselas · Livraison gratuite à Bruxelles · Gratis levering in Brussel
Ir al contenido

A música das palabras

2022 456 p. GLG
ISBN: 9788411100717 Edicións Xerais OBRAS DE REFERENCIA - MANUAIS - LINGUA E LITERATURA
26,27 € 26,27 €

Pago con: Transferencia VISA Bancontact
Envío en 5–10 días hábiles Devoluciones en 14 días
Envío en 5–10 días hábiles a Bélgica.

«Pra escribir, escóitome a min mesmo e a música das palabras, non asnormas dos gramáticos». En «A música das palabras. De lingua eliteratura, 1990-2021» Darío Xohán Cabana reflexiona, con rigor eexcelencia, sobre literatura e lingua, compartindo o seu coñecemento e prestando especial atención á tradución e á poesía. Son pequenosensaios, en forma de artigos e conferencias, escritos entre 1990 e2021, nos que aborda a obra de moitos dos autores máis relevantes daliteratura galega, unha boa parte dos cales mantiveron unha estreitarelación persoal con Darío: Celso Emilio, Manuel María, Xosé María Álvarez Blázquez, María Mariño, Novoneyra, Cunqueiro, Lois Pereiro, Xosé Miranda, Díaz Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín..., ademais degrandes nomes da literatura universal coma Dumas, os trobadoresoccitanos e, xaora, Dante e Petrarca. Darío Xohán Cabana deixaconstancia neste volume dunha vida enteira dedicada a ennobrecer acultura galega e facer da súa lingua e literatura un herdoimprescindible. Como activista, como poeta, como narrador, comotradutor, o labor de Cabana apunta sempre a resaltar a calidade einmensidade da lingua levándoa a calquera outro tempo, cultura eliteratura coas súas traducións, coa intención urxente de enriquecer o noso idioma máis alá do que inclúen os dicionarios, porque comoafirma nestas páxinas, «cada vez que unha palabra morre, ou éasasinada [...], daquela morre unha pequena parte da lingua, e polotanto morre tamén unha minúscula parte da patria».