Ir al contenido

O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convérteseautomaticamente en pasado. E o tempo do constante movemento, da vidaque non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos emareas, fronte a maremotos, mesmo. Mais se cadra hai xeitos deapreixalo, de abrazalo, de entendelo nun contexto. A través dos ecosde gravacións, que foron nun momento o inmediato e que de socatevolven e forman ondas novas de presente. Presente continuo é esagravación atopada no camiño por quen viviu e se detén a esculcar. Unha gravación que marca os dez anos daquela primeira viaxe á India en1994, da relación cambiante e fluída con lugares que xa non definenben os nomes coñecidos, con culturas, con persoas, con formas de vidaque son xa parte do cotián, do ser afortunadamente descentrado. Novamente, o tempo xoga con nós e escoitamos esa gravación no presente que marca os case vinte anos de enguedellarse coa outra, porque otempo nunca se detén. Presente continuo é a voz que tenta lembrar queo pasado só ten relevancia cando permite construír un presentediferente.